Os populares de Lugo recrimínanlle ao Concello reparar unha focha na rúa Monforte
Segundo denuncia o grupo municipal do PP en Lugo, dende hai cinco meses hai un gran fochanca na beirarrúa da rúa Monforte “sen que o Goberno local tomase medidas para resolver os incovenientes que provoca”. Deste xeito, alarman de que a presenza desta focha xera problemas de mobilidade e riscos para os peóns e tamén inutiliza varias prazas de estacionamento nunha zona onde é complicado aparcar.
Dende o Grupo Popular solicitan que o Concello explique os motivos polos que dende setembro de 2023 está este gran brecha aberta instando a que se repare da forma máis rápida posible. Para os populares esta circunstancia reflicte “a falta de eficacia na xestión por parte do Goberno local lembrando que estas cuestións son as que afectan no día a día na calidade de vida dos lucenses”.