Os populares piden máis persoal para o parque de bombeiros de Lugo

LugoXa
Os populares solicitan que se actualice a estrutura do servizo de bombeiros de Lugo “co obxecto de cubrir as necesidades reais dunha cidade de 98.
quique_rozas_pp_lugo
29 Abr 2024

Os populares solicitan que se actualice a estrutura do servizo de bombeiros de Lugo “co obxecto de cubrir as necesidades reais dunha cidade de 98.000 habitantes”, explicando como “na actualidade o cadro de persoal dos bombeiros de Lugo está composto por 56 efectivos: un sarxento, 5 cabos e resto bombeiros condutores”.

O vicevoceiro popular aclarou que non se adecúa ás necesidades do municipio e que hai un déficit de mandos e efectivos que provoca que cada vez que hai unha situación de emerxencia se teña que recorrer a chamar ao persoal que desfruta de permiso; e para cubrir a escala de mandos o goberno local viuse obrigado a crear listas de voluntarios.

Neste momento, as quendas compóñense de 9 efectivos: 1 cabo, 1 persoa que atende á centralita e 7 bombeiros polo que no suposto de que haxa unha saída non chegan os efectivos. Como mínimo, por exemplo para apagar un incendio nunha vivenda, precísanse 5 bombeiros para o camión, e 2 para o vehículo con escaleira. Por tanto, quedarían 2 efectivos na base: non se podería atender unha urxencia simultánea.

Rozas ademais de destacar que non está ben dimensionado o servizo, tamén afirma que faltan pezas claves do organigrama lembrando como en 1989 existía a figura do Director Técnico que avaliaba o estado de edificios e estruturas afectadas e que tiña a cualificación necesaria de arquitecto técnico. No ano 1995, ao modificarse o regulamento municipal de bombeiros, aumentouse o cadro de persoal cun administrador do servizo.

Sinalan que tras a Relación de Postos de Traballo do ano 2020, desaparecen estas dúas figuras xa que Paula Alvarellos fusionar  as tarefas do Director Técnico e do administrativo na posto do sarxento xefe. Rozas explica que a comunidade europea especifica que debe haber 1 bombeiro por cada 1000 habitantes polo que aínda que non pretenden que se dupliquen os efectivos de inmediato queren que “como mínimo de forma progresiva se vaia incrementando o seu cadro de persoal” e tamén que se recupere “a figura do director técnico e o administrativo”.

0.1310179233551