Os populares piden o "arranxo inmediato" da estrada LU-P-2903 en Santa Eulalia de Bóveda

LugoXa
Os deputados do Grupo Provincial Popular esixen a José Tomé o arranxo urxente da estrada provincial LU-P-2903 en Santa Eulalia de Bóveda, en Lugo, tras comprobar os “incribles danos” que presenta e que “incluso impiden a circulación a camións ou tractores” polo que este treito tivo que cortarse para a circulación.
Santa Eulalia de Bóveda LU P 2903
13 Abr 2024

Os deputados do Grupo Provincial Popular esixen a José Tomé o arranxo urxente da estrada provincial LU-P-2903 en Santa Eulalia de Bóveda, en Lugo, tras comprobar os “incribles danos” que presenta e que “incluso impiden a circulación a camións ou tractores” polo que este treito tivo que cortarse para a circulación.

O voceiro popular, Antonio Ameijide, acompañado da concelleira en Lugo, Flor Rubinos, e por veciños desta parroquia comprobou o estado desta estrada e afirmou que “é imposible entender como o goberno provincial permite que se chegue a esta situación”.

O punto danado está na estrada LU-P-2903, xusto a continuación do cruce coa estrada LU-P-2923, pouco despois da zona no que se atopa o monumento romano de Santa Eulalia de Bóveda, unha zona moi frecuentada por turistas.

Esta estrada é fundamental para o desenvolvemento económico desta parroquia xa que é a única vía que conecta esta estrada coas parroquias veciñas de O Burgo ou Prógalo, xa que “anos atras se realizou esta variante xa que vehículos de grandes dimensións non cabían entre as casas que hai no núcleo”.

Por iso mesmo, dende o Grupo Provincial Popular defenderán unha iniciativa no pleno deste mes para que o goberno provincial inicie de forma urxente o arranxo desta estrada provincial.

“O perigo nas estradas provinciais é evidente e está aí a diario para os miles de condutores que a diario empregan esta rede de estradas pola desidia e a falta de mantemento do goberno de PSOE e BNG á fronte da Deputación de Lugo”, ao que engadiu que “foi un goberno do PP o que materializou toda a rede de estradas provincial, a máis extensa de España, e con moitos menos recursos dos que Tomé e os seus socios teñen para o seu mantemento”.

0.13514304161072