Os praceiros e Lugo Monumental enfróntanse ao Goberno local pola limpeza da Praza e o Mercado

LugoXa
Acúsanos de "ataque infundado" e "dunha temeridade que pode crear alarma entre a poboación"
praceiros-lugo-monumental-protestas
14 sep 2024

Lugo Monumental dirixiu este venres a lectura na rúa Quiroga Ballesteros do manifesto no que mostran o seu rexeitamento ás declaracións do Goberno local sobre a limpeza dos sumidoiros da Praza de Abastos e o Mercado.

Consideran moi desafortunada a nota na que, como din, "e responsabiliza aos titulares dos postos da Praza e o Mercado pola falta de limpeza dos sumidoiros, cando o seu mantemento e aseo corresponde ao Concello, titular do edificio".

Afirmaban no manifesto que con isto se da a entender que os praceiros non teñen en consideración a hixiene e salubridade do edificio, "cando o principal desvelo é mantelos en perfectas condicións", facendo valer as inspeccións sanitarias que superan de forma continuada.

Acusan por tanto ao Concello de "ataque infundado" e "dunha temeridade que pode crear alarma entre a poboación".

Afirman tamén cada día "endurecen as condicións do traballo e dificultan a supervivencia dos postos" e os acusan dunha "nula colaboración, xa que sistematicamente se opoñen a calquera medida solicitada polos afectados".

0.18736696243286