Os premios da edición de outono da campaña 'Merca no teu comercio' foron entregados

LugoXa
No acto, repartíronse 50 vales de 200 euros cada un, que se corresponden aos gañadores do sorteo realizado entre os clientes que rexistraron os seus tíckets na web da campaña
entrega-premios-Merca-no-teu-comercio-Lugo-2024
12 Nov 2024

Entregáronse os premios da edición de outono da campaña 'Merca no teu comercio', organizada pola Federación de Comercio de Lugo e que se desenvolveu entre os días 10 e 30 de outubro.

No acto, repartíronse 50 vales de 200 euros cada un, que se corresponden aos gañadores do sorteo realizado entre os clientes que rexistraron os seus tíckets na web da campaña. Ademais, sorteouse entre os presentes un cheque de 1.000 euros para gastar nunha xornada de compras en establecementos locais.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, subliñou “o papel dinamizador e vertebrador” do comercio local, especialmente nas zonas rurais, onde son “máximos referentes dun servizo de proximidade e de calidade que, ademais, contribúe a xerar riqueza e a fixar poboación”.

Nesta liña, reafirmou o apoio da Xunta ao sector para “dar coas mellores actividades de fidelización, como esta, avanzar en aspectos como a súa modernización e dixitalización ou garantir a remuda xeracional”.

O delegado lembrou que o Goberno galego “traballa man a man coas asociacións, centros comerciais abertos, prazas de abastos e os concellos”, e que a través dun proceso participativo estase elaborando o Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030, que se presentará o ano que vén.

0.15924406051636