Os rapaces do club de béisbol Lume de Lugo adestran en Vigo con xogadores das grandes ligas americanas

O vindeiro domingo 26 de maio, rapaces e rapazas do Club de Béisbol Lume desprazaranse a Vigo para participar nunha sesión de adestramento con ex xogadores das Grandes Ligas americanas de béisbol. O evento está organizado pola Asociación de Antigos Alumnos de Xogadores de Béisbol das Grandes Ligas (MLBPAA), e pola Federación Catalá de Béisbol e Sóftbol (FCBS).
Na cita os ex xogadores ensinarán a rapaces e rapazas, nados entre 2006 e 2014, os fundamentos do xogo e habilidades para a vida. Terán a oportunidade de coñecer a xogadores que formaron parte da Major League Baseball (MLB). Entre eles estarán Marvin Benard, outfielder nicaragüense que formou parte dos Gigantes de San Francisco, e tamén foi seleccionador no seu país natal; Charles Gipson, outfielder estadounidense en diferentes equipos durante a súa traxectoria e Armando Ríos, outfielder portorriqueño con experiencia en diferentes equipos.
Tamén participarán Pedro Feliz, terceira base da República Dominicana con participación tamén en diferentes equipos e Jeremy Guthrie, pitcher estadounidense en diferentes equipos. Esta iniciativa realizará seis paradas en España. Barcelona, Sant Boi, Madrid, Pamplona, Xixón e Vigo.