Os Reis Magos están a percorrer os pobos de Baralla

LugoXa
Los Reyes Magos están recorriendo en el día de hoy, miércoles 5 de enero, los pueblos de Baralla para visitar a los niños.
reis magos baralla
5 Xan 2022

Os pobos de Baralla recibirán ao longo do día de hoxe, 5 de xaneiro, a visita dos Reis Magos. Comezarán a súa andaina ás 10.00 horas en Vilarpunteiro na marquesiña, a segunda parada será en Lexo, no camiño de Igrexa ás 10.40 horas. Ás 11.20 estarán no Colexio de Aranza para recibir aos nenos da contorna. Ás 12.00 visitarán Piñeira no cruce Casa Rin Rin e ás 12.40 estarán no Colexio de Pousada. Será ás 13.20 cando cheguen a Lebruxo, diante da fonte e, ás 14.00 recibirán aos nenos que se atopen na praza de Sobrado. Pola tarde, ás 16.00 retomarán a ruta en Neira de Rei na fonte da salud, ás 16.40 achegaranse á Residencia San Vitorio e ás 17.30 rematarán o percorrido no centro sociocultural de Baralla.

Este tipo de actividades permiten aos pequenos do Concello ver en primeira man aos Reis Magos, saudalos e pedirlles os seus desexos, dunha maneira segura e sen aglomeracións. Mantendo a maxia e ilusión propias destas datas. A situación sanitaria actual chama á prevención e cautela, polo que o percorrido polos pequenos pobos favorecerá unha cita segura e sen risco minimizando a posibilidade de contaxios.

Todos os nenos e nenas que se acheguen a saudar aos Reis Magos recibirán un agasallo como preludio do que lles espera esta noite.

0.14665603637695