Os Reis Magos estarán no Corgo

LugoXa
O vindeiro 5 de xaneiro os nenos do Corgo poderán desfrutar da anual Cabalgata de Reis.
4 Xan 2023

O vindeiro 5 de xaneiro os nenos do Corgo poderán desfrutar da anual Cabalgata de Reis.

Este ano ás 16.00 a súas maxestades farán unha parada no Centro de día para despois sair dende o Centro Sociocultural.

A recepción será no Ceip do Corgo e estará amenizada pola asociación cultural Legua Dereita

Ademais haberá reparto de agasallos e un convite de chocolate e roscón de Reis para todos.

Para contar con todos os nenos e nenas é imprescindible que figuren inscritos na Cabalgata. Poden facelo no Centro Sociocutural de 9.00 a 13.00 ou a través do teléfono 982 302 377.

0.18892097473145