Os restos de Uxío Novoneyra partiron cara o Courel

LugoXa | RibeiraSacraXa
Los restos de Uxío Novoneyra serán trasladados el viernes 14 de enero del cementerio de San Froilán de Lugo al de Courel.
uxio novoneyra courel3
14 Xan 2022

Partiron cara o Courel os restos mortais do escritor Uxío Novoneyra que permanecían enterrados no Cemiterio Municipal de Lugo. O cadaleito foi despedido ás 9:30 horas de hoxe coa presenza da familia do escritor, integrantes de todos os grupos políticos que compoñen a Corporación Municipal e representantes de difrentes institucións e entidades culturais. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, destacou a importancia da presenza de Uxío Novoneyra en Lugo e da súa categoría como escritor “contribuíu coa súa obra a poñer as letras galegas a nivel internacional, despois de pasar por Santiago e Lugo os seus restos deben rematar onde foi a súa vontade, no Caurel”.

Co cadaleito cuberto pola bandeira galega, diversas persoas da súa familia e do tecido cultural deron lectura a poemas e fragmentos literarios da autorio do escrito do Caurel. Como inicio da viaxe o gaiteiro Bruno Villamor interpretou o Himno Nacional Galego ante os restos mortais de Uxío Novoneyra. O cadaleito foi acompañado dunha coroa de rosas brancas doada polo Concello de Lugo.

Uxío Novoneyra faleceu aos 69 anos en Santiago de Compostela, o 30 de outubro de 1999. O velorio do gran poeta da montaña lucense celebrouse no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingo de Bonaval. Foi enterrado en Lugo o 31 de outubro, no Cemiterio de San Froilán, en Lugo, nun acto multitudinario ao que tamén estiveron grandes amigos de Novoneyra.

Uxío Novoneyra foi un poeta e escritor galego. Fillo dunha familia campesiña de Folgoso do Courel, un dos seus principais referentes nas súas obras. En 1945 marchou á cidade de Lugo a estudar e alí coñeceu a Manuel María e a Luís Pimentel. Ao longo da súa vida estableceu vínculo cun círculo de galegos destacados como Ramón Piñeiro, Ramón Otero Pedrayo, Manuel Colmeiro entre outros.

É considerado un dos mellores escritores no relativo á paisaxística. No ano 2010 dedicouselle o Día das Letras Galegas.

Moitas das súas obras foron publicadas en xornais, revistas ou doutra maneira antes de aparecer nalgún dos seus libros, por iso, normalmente están modificados

0.14073085784912