Os Riladores organizan unha nova Ruta 4x4 en Castroverde
O Riladores de Castroverde organizará a próxima fin de semana a V Ruta 4x4. A reunión dará comezo o venres 26 coa presentación da Ruta e a entrega de dorsais no Café Bar Roma ás 21.30 horas. Ás 23.00 horas haberá un pequeno paseo nocturno polos arredores da vila.
Ao día seguinte será o gran encontro. Dará comezo ás 8.00 horas coa recollida de dorsais pendentes, para ás 8.30 horas dar saída ao primeiro participante. Sobre as 19.00 horas rematará a ruta e ás 22.00 os participantes reuniranse unha cea no pavillón municipal A Ferrería.
A partir da medianoite haberá sesión musical a cargo de Adolfo Valiño.
Nesta ocasión, a celebración prolongarase ao domingo con probas de habilidade nas inmediacións do campo de fútbol Veiga do Olmo a partir das 10.00 horas. Darase por concluída a sesión ás 14.30 horas.
Esta cita ten xa prevista a participación de preto dun cento de persoas, 87 na categoría de coches e o resto en buggys.