Os Rioplatenses de Lugo inauguran a exposición 'Galaicas' do artista arxentino Diego Beyró

A Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses de Lugo organiza este luns 15 de setembro ás seis da tarde a inauguración da exposición Galaicas, do artista arxentino Diego Beyró, unha mostra que chega ao Centro Cultural O Vello Cárcere despois do seu paso por Ourense. O acto contará coa presenza da cónsulesa xeral da República Arxentina.
A programación cultural continuará ese mesmo día, a partir das 19.30 horas, cun novo ciclo de cine arxentino-uruguaio que se prolongará ata o venres 19 de setembro, sempre en sesións ás 19.30 horas. Neste marco, está prevista a participación do cónsul xeral de Uruguai, Ramiro R. Bausero, que acompañará a iniciativa promovida polos Rioplatenses de Lugo.
A mostra de Beyró ofrece unha selección de pinturas e debuxos inspirados na experiencia do artista nos Camiños de Santiago, cunha especial atención á Vía da Prata. As obras exploran a luz, a cor e a relación coa natureza, establecendo un diálogo cos orixes ancestrais do Camiño e coa procura espiritual que acompaña a peregrinación.