Os roteiros de Pol farán este domingo a ruta pola súa localidade
A asociación cultural Roteiros de Pol continúa este domingo, 10 de setembro, coas rutas de sendeirismo por distintos lugares da xeografía galega que terán unha periodicidade mensual.
A que se celebra este domingo será por Pol, que conta cunha camiñada de 17 quilómetros de distancia e de dificultade moderada.
O incio da ruta será ás 9.30 horas diante dol Concello e a finalización está previstra para as 14.30 horas cun xantar na área recreativa, se o tempo o permite.
O prezo para os interesados é de 5 euros para socios e 10 para os non socios. Hoxe, venres, é o último día para inscribirse.
O plan de Roteiros de Pol é realizar unha ou dúas saídas por mes. A seguinte será neste mes visitando o Zofreral de Cobrana, no Bierzo.
O calendario completarase con novas rutas por Negreira de Muñiz, Antas de Ulla e Mosteiro, en pol.