Os senadores do PP da provincia preguntan ao Goberno pola rehabilitación da A-6

LugoXa | TerraChaXa
Preguntan os motivos para que o Ministerio de Transporte ampliase o prazo de execución para actuar en 60 km da A-6 ao seu paso pola provincia de Lugo de 18 a 42 meses
A-6
19 Jan 2025

Os senadores do PP lucense interésanse pola rehabilitación da A-6 en Lugo. Así, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano veñen de rexistrar onte unha pregunta, na Cámara Alta, dirixida ao Executivo estatal sobre os motivos para que o Ministerio de Transporte ampliase o prazo de execución para rehabilitar 60 km da A-6 ao seu paso pola provincia de Lugo de 18 a 42 meses.

“Reclamamos unha explicación ao Goberno de Sánchez que unha vez máis discrimina e abandona á nosa provincia en materia de infraestruturas que afecta aos veciños nos seus desprazamentos do seu día a día, autónomos, transportistas e lastra o desenvolvemento e competitividade da provincia”, sinalan os populares.

En canto á postura do BNG, os senadores do Partido Popular critican que se contradí: “moito esixir aquí, pero en Madrid continúan apoiando a Sánchez que marxina á provincia de Lugo. Á vista de que non é escoitado, o BNG é ninguneado por Sánchez e o resto de socios do Goberno central”.

0.15166902542114