Os senadores populares din que o proxecto de Altri é “central para o desenvolvemento industrial da provincia"

LugoXa
Barreiro incidiu en que “un proxecto coma o de Altri ten que rexerse por criterios técnicos e medioambientais, non por opinións políticas"
senadores-PP-Lugo-e-presidente-Cámara-Comercio
20 Dec 2024

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, recibiron na Cámara Alta ao presidente da Cámara de Comercio de Lugo, Jaime López, para abordar o proxecto de Altri de cara á implantación da fábrica de fibras téxtiles en Palas de Rei.

Así, os senadores coinciden en definir o de Altri como “un proxecto central para o desenvolvemento industrial da provincia e a xeración de emprego” e reiteraron que “dende o Partido Popular defendemos a implantación do proxecto sempre que cumpra con tódolos requisitos establecidos nas distintas normativas, incluídas as de carácter medioambiental”.

Barreiro incidiu en que “un proxecto coma o de Altri ten que rexerse por criterios técnicos e medioambientais, non por opinións políticas. Non se pode dicir que non de entrada a un proxecto que pode favorecer o desenvolvemento da provincia. Hai que ver se cumpre todo tipo de requisitos”.

Durante a reunión, tamén analizaron as respostas oficiais do Goberno de España ás preguntas formuladas polos senadores lucenses do Partido Popular ante as declaracións realizadas sobre o proxecto de Altri no seu momento polo secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, e a vicepresidenta segunda do Goberno de España, Yolanda Díaz.

Polo que dixeron que “o Goberno de España, en resposta oficial, se posiciona a favor da implantación de novos proxectos industriais compatibles co cumprimento da normativa medioambiental, como non podía ser doutro xeito”, segundo subliña o senador lucense.

“Unha vez máis, o Goberno que preside o señor Sánchez desminte ao secretario xeral do seu partido en Galicia, o señor Besteiro, e amosa unha diferencia de postura con respecto a este proxecto fronte á súa vicepresidenta segunda e líder de Sumar”, conclúe.

0.16759991645813