Os socialistas da Ulloa propoñen unirse para a promoción turística da comarca

LugoXa
Os portavoces do PSOE en Antas, Monterroso e Palas defenderán unha moción conxunta nos seus concellos para propor unha planificación común
monterroso área recreativa a peneda
18 Mar 2021

Os portavoces do PSOE nos concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei defenderán unha moción conxunta nos seus concellos na que proporán crear unha planificación común para a promoción e desenvolvemento turístico de toda a comarca da Ulloa.

Para elo, Pilar García Porto, Horario Rouco e Rafael García plantexan a creación dunha páxina web que difunda a oferta de actividades da comarca, así como a súa historia, cultura e gastronomía.

"Traballar pola promoción do territorio con proxectos vinculados ao eido turístico é importante para apoiar aos sectores económicos máis afectados pola pandemia, pero tamén é unha aposta de futuro para o rural porque a crise sanitaria fixo que o turismo de natureza como o que poden ofrecer estes concellos, estea en alza. Ter presencia con nome propio no mundo dixital é imprescindible hoxe en día. Neste momento débese ter altura de miras de cara ao futuro inmediato. Por eso, unha ferramenta moi importante é a promoción conxunta a enorme riqueza patrimonial, os atractivos e os establecementos turísticos e hostaleiros dos concellos que conforman A Ulloa", explican.

Reclaman, de igual xeito, que se acorde un modelo de xestión da páxina web para que estea continuamente renovada e actualizada, ademais de apoiar os seus contidos a través das redes sociais, co fin de promocionar toda a zona como un único paquete turístico.

ulloa psoe palas monterroso antas turismo
0.20335412025452