Os socialistas de baralla emprazan ao PP a cumprir os acordos e sensibilizarse co colectivo lgtbi

LugoXa
O Voceiro Socialista criticou a actitude alcalde e o do seu equipo de Goberno ante a negativa para colocar a bandeira LGTBI na casa Concello
igualdade lgtbi
10 Ago 2022

O Voceiro Socialista, Jaime González criticou hoxe a actitude do alcalde e o do seu equipo de Goberno, “xa que non queren cumprir os acordos que se aproban no Concello”. Así o dixo, tras comprobar na última sesión plenaria a negativa do alcalde para colocar a bandeira LGTBI na casa Concello, tal e como se acordou. “Neste pleno o rexedor recoñeceunos que a bandeira LGTBI non vai ondear nin nas datas do orgullo, nin noutras”, critican dende o PSdeG.

Jaime Gonzalez advirte ademais “que tampouco as redes sociais, nin a páxina web do concello recollen ningún tipo de alusión ou referencia como concello amigable LGTBI, nin a declaración de concello libre de agresións cara este colectivo. Unha iniciativa que xa fóra aprobada no pleno, co fin de amosar a universalidade dos dereitos humanos e contra calquera tipo de discriminación na nosa vila. Por iso dende aquí, e vista esta actitude, ofrecemos para oficiar vodas as parexas que desexen dar este paso no noso concello”, avanzou.

Dende o PSdeG emprazan ao alcalde e ao seu equipo de Goberno “a viaxar un pouco máis polo mundo, coñecer outras realidades sociais para comprobar que é necesario loitar contra a LGTBIfobia e traballar na promoción da diversidade sexual e de xénero, dende calquera recuncho do mundo. E por suposto, dende Baralla tamén debemos acabar coa discriminación que provoca o sexismo en todos os ámbitos da nosa vida cotiá. Non podemos mirar para outro lado cando se trata de defender os dereitos das persoas”, remarcan.

O voceiro socialista incide en que son necesarias iniciativas de sensibilización cara este colectivo. “Nós vamos a seguir loitando para acadar unha
normalidade que xa debería estar plenamente consolidada en calquera sociedade democrática. Tódolos esforzos son poucos para seguir avanzando ata conseguir unha cidade igualitaria e sen violencia”, inciden os socialistas.

0.19562888145447