Os socialistas de Monterroso lamentan que o PP non apoien a demando do servizo de pediatría

LugoXa
O Voceiro do PSdeG no Concello de Monterroso, Rafael García defendeu unha moción, na ultima sesión plenaria de abril, coa que reclamou ao Goberno da Xunta que restableza de xeito regular o servizo de pediatría no Concello.
psoe monterroso PEDIATRIA E OS CATROS DOCENTES DO IES
27 Abr 2022

O Voceiro do PSdeG no Concello de Monterroso, Rafael García defendeu unha moción, na ultima sesión plenaria de abril, coa que reclamou ao Goberno da Xunta que restableza de xeito regular o servizo de pediatría no Concello. Hai que lembrar que a consulta de pediatría tamén atende aos usuarios dos Concellos de Portomarín, Antas de Ulla e Taboada deixando a máis de 9800 habitantes sen este servizo básico e esencial.

“Neste pleno puidemos comprobar a mezquindade política do PP en relación á atención sanitaria dos nosos nenos e nenas, xa que os populares non apoiaron esta proposta e optaron pola abstención, cando o restante dos grupos políticos da corporación municipal si aceptou esta iniciativa. Este é o compromiso do PP de Monterroso coa nosa sanidade, tapar os oídos, pechar os ollos e mirar cara outro lado”, lamentan dende o PSdeG.

Nesta mesma sesión plenaria, os socialistas denunciaron a incompetencia manifesta da Alcaldía e de todo o seu Goberno, “xa que foron incapaces de realizar con axuste á legalidade a actualización do IPC no recibo da auga e sumidoiros”. Rafael García advirte que no pleno de febreiro, a Alcaldesa incluíu na orde do dia a modificación das ordenanzas fiscais nº 11 e nº 26 de auga e verquidos. Nesta proposta recollíase un incremento das taxas nun 6,5 % que é o porcentaxe do IPC segundo calculo practicado no tramo dun ano, e tomando como referencia o tramo de decembro de 2020 a decembro de 2021.

Dende o PSdeG puntualizan “que o contrato que ten asinado o Concello de Monterroso coa empresa concesionaria, establece como fórmula de revisión de prezos o IPC de agosto a agosto de cada ano”. Pero tal e como puidemos comprobar “a proposta da alcaldía tomou como referencia o IPC de Decembro de 2020 a decembro de 2021, segundo consta no informe da propia secretaría do Concello”. E advertimos “que senón se retiraba esta proposta da orde do día, presentaríamos as correspondentes alegacións denunciando o incumprimento do contrato vixente”.

Datos mal calculados por parte do Goberno Municipal
“Pero novamente a Alcaldía incluíu na orde do día deste mes de abril, a modificación destas taxas pero coa actualización que realmente lle corresponde que é a do 2,8%. Polo tanto, corrixindo os datos que o PSdeG advertiu no pleno de febreiro que estaban mal calculados, tal como indicaron os propios servizos xurídicos do Concello”, insisten os socialistas.

Non é o momento de subir os impostos á veciñanza
Así as cousas, dende o Grupo Municipal Socialista de Monterroso cremos que “non é o momento de subir os impostos á veciñanza, polo contexto de crise que nos toca vivir, e aínda que debemos de cumprir coas cláusulas do contrato vixente, o Concello debería de buscar formulas para evitar a subida destas taxas á conta dos usuarios do servicio. Por todo iso non apoiamos esta proposta”, sinalan.

Votación 5 votos a favor
Aínda así esta iniciativa foi aprobada cos 5 votos a favor do PP e Independientes por Monterroso, e tivo as 6 abstencións dos grupos do PSdeG, Compromiso por Galicia, o Concelleiro non adscrito, así como a abstención dun concelleiro de Independentes por Monterroso, Germán Vázquez. Este concelleiro non apoiou as propostas que presentou o Equipo de Goberno nesta sesión plenaria.

0.10017919540405