Os socialistas de Portomarín demandan ao alcalde que recupere os servizos de extinción
O Grupo Socialista de Portomarín presentou, no pleno de onte, unha moción para solicitar unha mellora nos de extinción de incendios no Concello de Portomarín.
Esta iniciativa estaba baseada en tres puntos: solicitar ao Alcalde de Portomarín que realice as xestións urxentes e necesarias para a recuperación dos dous helicópteros e das dúas brigadas helitransportadas ubicadas na Base de Helicópteros de Portomarín; solicitar á Xunta de Galicia que neste ano 2022 se proceda a entrega ao Concello de Portomarín dun novo camión para a extinción de incendios; e, por último, solicitar á Xunta de Galicia que proceda, o antes posible, á recuperación, limpeza e mantemento dos depósitos de auga, como puntos estratéxicos para a extinción de incendios forestais.
O Alcalde e os seus compañeiros do Grupo Municipal do Partido Popular votaron en contra. Ante esta decisión, Silvia Rodríguez, voceira do Grupo Municipal Socialista, considera que “non queren que os servicios de prevención e incendios do Concello de Portomarín melloren, non queren que os servizos que nos quitou a Xunta volvan a Portomarín, non queren que o Concello de Portomarín teña un camión motobomba novo, que funcione en condicións, ao igual que o resto dos concellos da nosa contorna, e non queren que se acondicionen e limpen os depósitos de auga e non volvan a quedar vacíos como sucedeu o ano pasado”.
A presentación desta moción viña motivada polos recortes realizados pola Xunta de Galicia no tocante a prevención e extinción de incendios no Concello de Portomarín, xa que a Base dos Helicópteros deixou de acoller no ano 2020 a ubicación de dous helicópteros e de dúas brigadas helitransportadas, que contaban cun total aproximado de 25 efectivos.
E a maiores, polo mal estado do camión motobomba do Concello de Portomarín, que conta con máis de trinta anos, e non cumpre con ningún tipo de seguridade nin normativa actual; e o abandono dos depósito de auga, infraestructuras imprescindibles na tempada estival cando maior risco de incendios hai.
Ademais desta iniciativa o Grupo Municipal Socialista presentou unha serie de rogos encamiñados a mellora da imaxe e adecentamento de Portomarín. Así, solicitou que se procedera ao arranxo integral e urxente da Rúa do Peregrino, que na actualidade presenta un estado lamentable e desastroso, cheo de baches, sobre todo nas inmediacións do apeadoiro dos autobuses de liña.
Esta rúa é a primeira imaxe que teñen de Portomarín a maioría de peregrinos que veñen a nosa vila, é o lugar que da a benvida ao noso pobo e alberga varios establecementos de hostalería, o que ven a determinar que aquí se mova moita afluencia de xente durante a época estival. Igualmente, neste lugar solicitouse que se proceda a unha limpeza regular do apeadoiro dos autobuses de liña, que presenta un aspecto totalmente descuidado, cunha falla total de mantemento, caendose a cachos e cheo de basura e suciedade.
Nesta mesma liña, o Grupo Municipal Socialista tamén reclamou que se adecentaran e lavaran de xeito habitual e regular as rúas de Portomarín durante a época estival, a época de máxima afluencia de visitantes, sobre todo nas rúas onde hai máis concorrencia de locais de hostalería, e tamén nos espazos onde se ubican os contenedores de lixo. Por iso, tamén se solicitou ademáis a limpeza regular dos contenedores do lixo, así como unha maior frecuencia na recollida do lixo, debido ao gran aumento de poboación visitante nestes meses de verán.
Silvia Rodríguez explica que de cara a esta tempada de verán “estas demandas solicitadas neste pleno ordinario de xuño son moi necesarias e oportunas, posto que, por desgraza, nos últimos meses estamos asistindo a un abandono paulatino na limpeza, mantemento e acondicionamento dos espazos públicos da nosa vila”.