Os traballadores da depuradora reclaman unha renovación do convenio

LugoXa
Os traballadores da depuradora de auga de Lugo reclaman unha renovación do convenio laboral despois de catro anos
Depuradora auga Lugo
14 Mar 2023

A CIG Industria vén de denunciar "a difícil situación dos traballadores de Gestagua da Estación Depuradora de Augas Residuais de Lugo, unha situación que están a sufrir tras mais de catro anos de conxelación salarial, dende xaneiro do 2019, o que supón unha perda no seu poder adquisitivo de preto dun 15%".

A Confederación Intersindical Galega denuncia tamén a "intransixencia da empresa que  está a bloquear a negociación do convenio, o que está a levar á plantilla a plantexarse mobilizacións se non hai avances substanciais na reunión prevista para este martes día 14" advirten dende a CIG, sindicato con representación na empresa.

Ademais dende o sindicato queren "salientar o compromiso que esta plantilla ven a demostrar no desenvolvemento da súa labor profesional, servicio público esencial, compromiso reforzado durante a pandemia". A plantilla reclama tamén "a activa participación do Concello de Lugo, de quen depende o servizo contratado á empresa Gestagua, na consecución dun acordo xusto que, garantice avances nos dereitos económicos deste colectivo mediante un acordo adecuado e proporcionado ao altísimo nivel de complexidade das infraestructuras coas que este Concello conta, sendo a Depuradora de Lugo unha das mais avanzadas do Estado".

0.20358395576477