Os traballadores do metal saen á rúa por terceira vez cunha concentración ante a CEL

LugoXa
Por terceira vez este mes, os traballadores do sector do metal da provincia de Lugo protagonizaron unha nova manifestación polas rúas da cidade de Lugo, na terceira xornada de folga para reclamar un convenio “digno”.
manifestacion traballadores metal lugo
25 Maio 2023

Por terceira vez este mes, os traballadores do sector do metal da provincia de Lugo protagonizaron unha nova manifestación polas rúas da cidade de Lugo, na terceira xornada de folga para reclamar un convenio “digno”. 

Nesta ocasións, os manifestantes, que segundo os organizadores eran sobre 2.000, cortaron parcialmente o tráfico na avenida da Coruña, o que ocasionou retencións. De feito, a concentración foi desde a Medusa ata a sede da CEL, no centro da cidade, onde se concentraron, xunto a diferentes políticos, que se sumaron á revindicación.

As negociacións non acadan os seus froitos e de non haber avances, haberá de novo paros o 31, o 2 de xuño e o 6, 7 e 8. Están chamados a secundar a folga uns 5.000 profesionais do ámbito siderometal e outros 2.000 do comercio do metal e os sindicatos falan dun amplo seguimento este martes, que sitúan no 90%.

Ademais, a maior parte das empresas dos sector quedou sen traballadores e mesmo pechou as portas para evitar problemas cos manifestantes. Esta manifestación está organizada polos tres sindicatos maioritarios.

traballadores metal lugo manifestacion bng
0.38754987716675