Os traballos da pasarela do centro de saúde de San Roque están a piques de comezar

LugoXa
Rubén Arroxo visitó el replanteo de la primera fase de construcción de la pasarela del centro de salud de San Roque en Lugo.
pasarela san roque ruben arroxo2
13 Xan 2022

O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, asistiu hoxe ao replanteo da primeira fase da construción da pasarela que permitirá mellorar a accesibilidade do centro de saúde de San Roque. O tenente alcalde explicou que “en poucos días comezarán os traballos desta primeira fase, unha intervención importante para a veciñanza da zona que permitirá mellorar enormemente a accesibilidade do centro de saúde”.

A primeira fase das obras consistirá na construción das zapatas que sosterán a pasarela, e completarase posteriormente coa instalación da estrutura. De cara á instalación das zapatas será preciso modificar certos servizos xa habilitados na rúa, como as canalizacións, actuacións que se realizarán “tratando de garantir en todo momento os menores inconvenientes posibles para as veciñas e veciños da zona”, explicou Arroxo.

O Goberno de Lugo aprobou adxudicou esta obra por un orzamento de 220.013,95€. A empresa que presentou a mellor oferta, Urbaconsa Lugo, terá un prazo de 4 meses desde que comecen os traballos para construír esta nova infraestrutura.

"Desde a nosa chegada ao Goberno Municipal tratamos de dar a mellor solución posíble a esta solicitude que a veciñanza da zona levaba moito tempo realizando ", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "desde a área de Mobilidade estudamos as distintas alternativas para darlle solución a este obstáculo, especialmente importante na unión do Centro de Saúde coa rúa Primavera e coa rúa Peña Anda".

A solución exposta pola área de Mobilidade pasará por crear unha pasarela que una o comenzo da rampla que da acceso ao centro médico coa parte alta da escalinata Primavera, pasando por riba da entrada do carril do xuízo, segundo o estipulado na normativa vixentes sobre accesibilidade e permitindo o paso de vehículos pola parte inferior. A pasarela terá un gálibo de máis de 4 metros, o que permitirá a circulación de vehículos pola súa parte inferior. A lonxitude total será de 34,68 metros. A nova pasarela permitirá, segundo declarou o tenente de alcalde, "unir o centro de saúde e as rúas Primavera e Peña Anda cun percorrido practicamente plano".

0.17950201034546