Os traballos de modernización da liña ferroviaria en Lugo rematarán esta semana

LugoXa
Lara Méndez e Isabel Rodríguez supervisaron las obras de mejora en el tramo ferroviario de Infanta Elena en Lugo.
estacion tren lugo
27 Xan 2022

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a subdelegada do Goberno nesta provincia, Isabel Rodríguez, supervisaron no día de onte o inicio dos traballos de modernización da liña ferroviaria ao seu paso polo municipio.

As obras, que se prevé conclúan esta mesma semana, comezaron coa protección da vía antes de iniciar a demolición do paso superior sito entre a avenida Infanta Elena e a rúa Vía Láctea dende a que se realizarán a meirande parte das tarefas debido aos propios condicionantes que presenta o paso e buscando unha menor afección das mesmas.

O operativo, integrado por unha pá escavadora e diversos camións que se encargarán de retirar o entullo, permanece debidamente sinalizado e foi comunicado, con anterioridade, á veciñanza que reside na zona para informalos dos cortes de tráfico que será preciso realizar para executar os labores que se acometerán en horario diúrno para diminuír todo o posible as molestias á cidadanía.

0.14109110832214