Os Troitas Bravas non perdoaron no torneo de billarda de Riotorto

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
Despois de adiarse en dúas sesión o aberto de Castropol, esta fin de semana foi a vez do torneo nesta vila
billarda-riotorto
10 Feb 2025

Por Daniel Rodríguez

Logo de adiar por dúas voltas o aberto de Castropol, votamos ao choio en Riotorto nun domingo cuberto e chorón. A pingueira constante non impediu disputar esta xornada, que rematou sendo un novo éxito de participación de palanadores.

Regueiro, ausente nos derradeiros abertos, segue a ser un puntal dos Troitas Bravas e volveu con gañas facéndose co primeiro posto con 23 puntos. Segundo foi o actual líder tamén dos Troitas, Sachas, e terceiro, Xan Bagaría, de Madia Leva, logo de saír vitoriosos nun desempate no que tamén estiveron Sandonguero e Daniel.

O mesmo en donas, as Troitas Pamela e Alba subiron ao primeiro e segundo chanzo, deixando a unha gran Nedi de Castiñeiro no terceiro posto.

Madia Leva non ten rival en infantís, Mateu e Diego seguen mandando, terceira foi Antía.

E por equipos, non podía ser menos, Troitas Bravas gañan e distáncianse na xeral, Madia Leva e Billardeiros Musicais están empatados no segundo posto.

Estupendos agasallos de produtos da horta local, patrocinados polo Concello, foron entregados os gañadores así como un detalle para tódolos infantís.

As clasificacións logo da oitava xornada quedan así:

Individual:

  • Sachas (Troitas Bravas) 150 p.
  • Charli (Carabulllo) 136 p.
  • Daniel (Billardeiros Musicais) 131 p.

Donas:

  • Alba (Troitas Bravas 108 p.
  • Geni (Billardeiros Musicais) 80 p.
  • Aroa (Billardeiros Musicais) 70 p.

Equipos:

  • Troitas Bravas (A Pontenova) 553 p.
  • Billardeiros Musicais (Ribadeo) 544 p.
  • Carabullo (Ponte de Outeiro) 507 p.

Infantil:

  • Mateu (Madia Leva) 114 p.
  • Diego (Madia Leva) 105 p.
  • Mateo (Troitas Brasvas) 67 p.

O vindeiro domingo día 16, agárdanos unha nova xornada en Castro de Ribeiras de Lea.

0.10272908210754