Os veciños da Milagrosa piden unha estatua relacionada co mundo rural para Agro do Rolo

LugoXa
Os veciño do barrio da Milagrosa piden unha estatua relacionado co mundo rural para completar a humanización da praza Agro do Rolo
Praza agro do Rolo
20 Mar 2023

A asociación de veciños da Milagrosa pide que na praza Agro do Rolo o Concello "complete a humanización cunha estatua sobre o mundo rural, na zona verde (parte alta da devandita praza), para que non dificulte a instalación de barracas, carruseis, ... que habitualmente se instalan en celebracións como as festa do barrio".

"A nosa proposta basease na procedencia das distintas zonas rurais da provincia (Friol, Corgo, Guntín, Castroverde, a Chaira, a Montaña ou a Mariña) dos que vivimos no barrio ou das novas familias" e engaden "a praza leva un nome que fai relación tamén o seu uso, hai anos, como zona agrícola (de hortas, campos, ...)".

Estas son algunhas das razón polas que dende a asociación de veciños piden ao Concello que "dote a praza Agro do Rolo dunha estatua relacionada co mundo rural, por exemplo unha parella de labregos con apeiros típicos de labranza".

Ademais dende a asociación propoñen "encargar un concurso de ideas e deseño a centros de deseño da nosa cidade, e a partir de aí confeccionar maquetas para poder encargar a artistas prioritariamente locais a realización da mencionada estatua en materiais como poden ser a madeira, a pedra ou o ferro" porque entenden que "así completaríamos, despois do xardín, bancos, fonte, arbolado e parque infantil cuberto, o proceso de humanización da nosa praza ao mesmo tempo que renderiamos unha mencionada homenaxe a nosa procedencia rural, e o noso medio rural en xeral.

0.15131998062134