Os veciños de Lugo contan de novo co servizo de atención cidadá 010

LugoXa
Los vecinos de Lugo cuentan de nuevo con el servicio de atención telefónica para los ciudadanos 010 que fue suspendido el 8 de marzo.
ruben arroxo maite ferreiro cristina lopez
24 Mar 2022

Volve a funcionar o servizo de centraliña do concello a través do 010. Cristina López explicou que "rehabilitamos o servizo de atención telefónica á veciñanza, facilitando que a través dun único número de teléfono, quen o precise poida contactar cos distintos servizos municipais".

O servizo restableceuse durante esta mañá, tanto a través do teléfono 010 como do 982 297 350. Cristina López destacou que “seguimos traballando para ofrecer a mellor atención posíbel”, e destacou que “desde o cese do servizo por parte da empresa concesionaria, traballamos para recuperar a centraliña telefónica no menor tempo posíbel”.

O sistema de cita previa está dispoñible para os servizos de Augas, Cemiterio, Estatística, Información ao Consumidor, Rexistro, Tarxeta Cidadá e Tesourería. Para solicitar a cita, deberase iniciar o procedemento a través do formulario habilitado na web concellodelugo.gal, seleccionando o servizo ao que se dirixe e o tipo de trámite a realizar, e escoller a data e hora desexada para presentarse no Concello. Despois deberanse cubrir os datos persoais da solicitante, incluíndo un teléfono de contacto e un correo electrónico, medios aos que chegará unha mensaxe confirmando a reserva da cita.

A través do mesmo trámite da web do Concello, pode eliminarse unha cita solicitada previamente, liberando a hora para que outra persoa poida asistir a realizar un trámite nese momento.

0.1687638759613