Os veciños de Lugo denuncian a falta de iluminación na estrada nacional N-540

LugoXa
Os veciños de Lugo denuncian a falta de iluminación na estrada nacional N- 540 Lugo-Santiago á saída da cidade.
13 Mar 2024

Os veciños de Lugo denuncian a falta de iluminación na estrada nacional N- 540 Lugo-Santiago á saída da cidade. Así o trasladan dende a Comisión Permanente da Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti tras as peticións recollidas polos colectivos das parroquias de Esperante, Lamas, Monte de Meda ou Calde.

Segundo trasladan, desde a rotonda que hai ao pasar o Hotel Santiago á saída da cidade en dirección cara Guntín, percorrendo a vella estrada nacional cara ás parroquias, non funciona a iluminación. “Estas luminarias que están a limitar cun gran número de Naves Industriais non funcionan desde hai certo tempo e non sabemos se é por un problema atribuíble ás luminarias ou se se tomou esa decisión para aforrar consumo”, expoñen. Ante esta situación, a preocupación dos veciños das parroquias lindeiras e dos que ocupan as naves é grande.

Despois de poñerse en contacto co Concello de Lugo, indícanlles que estas luminarias son do Goberno Central, Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible. Por iso solicitan que se os informe da causa do problema mencionado, así como as solucións que se pretenden levar a cabo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18449211120605