Os veciños de Monterroso poderán pedir dende o luns permiso para as queimas de San Xoán

LugoXa
O Concello de Monterroso abre este luns o prazo para solicitar os permisos necesarios para poder facer cacharelas polo San Xoán.
fogata hogueira san xoan
11 Xuño 2022

O Goberno local de Monterroso vén de publicar un bando de alcaldía en torno ás cacharelas de San Xoán.

Para poder realizar unha fogueira é preciso pedir permiso no Concello, entre o 13 e o 20 de xuño en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Segundo explica o Goberno local, para tramitar os permisos é preciso comunicar os datos da persoa responsable do mesmo , nome e apelidos, número de DNI, enderezo e lugar onde se localizará a cacharela.

0.077042102813721