Os veciños de Nadela demandan máis iluminación na rotonda
As asociacións veciñais da contorna de Nadela demandan máis iluminación na rotonda de Nadela. Así o trasladan os colectivos de San Xoan de Pena, Conturiz, Santa Comba ou San Mamede dos Ángeles que se puxeron en contacto coa Federación Lucus Augusti para trasladar a súa preocupación.
A falta de funcionamento da iluminación é preocupante, xa que se trata dunha rotonda na que conflúen moitas desviacións e ao tratarse dunha zona moi transitada, pola que pasan diariamente multitude de vehículos, o risco de accidentes debido á falta de iluminación increméntase, asegura.
Segundo indican os veciños, o Goberno local indicoulles que o mantemento da devandita iluminación depende do do Goberno Central, Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible, polo que dende a federación, solicitan unha solución ao problema o máis urxente posible.