Os veciños de San Lázaro organizan unha charla sobre primeiros auxilios
LugoXa
O vindeiro sábado 20 de abril, a partir das 12.
31 Mar 2024
O vindeiro sábado 20 de abril, a partir das 12.00 o local social de San Lázaro acolle unha charla de primeiros auxilios, impartida por persoal da Cruz Vermella. Despois desta proposta, a partir das 13.30 horas, a Asociación de Veciños de San Lázaro programa o un xantar veciñal a base de empanada, callos, churrasco, larpeira, pan, viño, refrescos e café.
Nesta xornada tamén organizarán un baile. Ten un prezo de 15 euros para os rapaces de ata 12 anos, de 27 para os adultos que son socios e de 30 para os que non o son. A rapazada de ata 5 anos non ten que pagar. Os interesados poden anotarse ata o 10 de abril chamando ao 614 310 589.