Os veciños de Viladonga están convocados a unha nova xuntaza sobre a concentración parcelaria

TerraChaXa | LugoXa
Segundo acordaron a Xunta e o Concello de Castro de Rei estase a proceder á elaboración das bases no caso do proceso de concentración parcelaria en Viladonga, para identificar os propietarios  e parcelas implicadas.
15 Jan 2023

Segundo acordaron a Xunta e o Concello de Castro de Rei estase a proceder á elaboración das bases no caso do proceso de concentración parcelaria en Viladonga, para identificar os propietarios  e parcelas implicadas. Decretada o ano pasado, cabe sinalar que esta parcelaria abrangue unha superficie de 632 hectáreas. 

Debido a esto, o Servizo de Infraestruturas da Xunta de Galicia convocou aos propietarios e demais titulares a unha asemblea informativa na que se explicarán os detalles sobre a fase de investigación da propiedade, que se iniciará a comezos do 2023.

Esta xuntanza terá lugar o día 20 de xaneiro, venres, ás 11.00 horas no local social da Comunidade de Montes de Viladonga.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16757392883301