Os veciños do Centro de Lugo solicitan zonas verdes no Pazo de Dona Urraca

Agora, que se está en pleno proceso de licitación do proxecto de urbanización do entorno do Pazo de Dona Urraca, o colectivo Asociación de Veciños Centro de Lugo non quere que volvan proxectarse prazas e rúas sen xardíns, sen sombras, como aconteceu nas últimas actuacións no urbanismo da zona centro da cidade. Por iso solicitaron que se teña en conta este aspecto, ao igual que pretenden solicitalo en todas as futuras actuacións das que teñan constancia.
Ademais, solicitaron á Xunta que lles manteña informados do proceso, á vez que lle ofreceron a colaboración da Asociación.
Tamén remitiu dita solicitude ao Concello, para que a partir de agora ambas administracións teñan en conta esta demanda cidadá nesta e en todas as súas actuacións futuras no urbanismo do centro de Lugo.