Os veciños e veciñas que a solicitaron recibirán nos vindeiros días a tarxeta cidadá

LugoXa
Los vecinos y vecinas de Lugo que solicitaron durante estas semanas la Tarxeta cidadá la recibirán en los próximos días.
tarxeta cidada
19 Xan 2022

O Goberno de Lugo retomará nos vindeiros días a entrega de tarxetas cidadás ás veciñas e veciños que as solicitaron nas últimas semanas. Cristina López explicou que “durante o 2021 adquirimos 10.000 novas tarxetas para atender á demanda derivada do cambio de liñas de bus e das distintas campañas postas en marcha polo Goberno de Lugo para animar á veciñanza a facer a Tarxeta Cidadá”.

A empresa adxudicataria do concurso, SELP Solutions Spain, interrompeu a entrega de tarxetas debido á subministración de semicondutores, debido a que o provedor do chip usado pola tarxeta cidadá se atopa sen data concreta de espera.

A Tarxeta Cidadá conta con dúas interfaces de comunicacións. A interface “sen contactos”, seguindo a norma ISO 14443/B, controla a radiofrecuencia de proximidade. A interface “con contactos”, segue o estándar ISO 7816. Ademais a tarxeta conta con banda magnética e 5KB de almacenamento.

A Concellería de Participación está en contacto coa empresa concesionaria para atopar unha solución aos problemas de subministro no menor prazo de tempo posíbel. Trátase dunha situación excepcional derivada da crise sanitaria que está a afectar a diversos sectores en todo o mundo. O Goberno de Lugo está a estudar o expediente de adxudicación para valorar a responsabilidade da empresa en caso de non poder formalizar a subministración de tarxetas.

0.20944499969482