Os veciños volven denunciar o mal estado da fochanca da rotonda de Garabolos
A Asociación veciñal Alto de Garabolos volve a denunciar o lamentable estado actual do pavimento na vía de circulación anexa á rotonda de Garabolos. Unha vía, a rúa Hortensia, que conta na actualidade cunha fochanca que dificulta a gran circulación diaria e que dende hai mais de sete meses pon en perigo a peatóns e conductores.
Tras un intento de reparación que apenas durou unha semana antes de volver afundir "hai unha parálise total e unha ausencia de explicacións por parte do Concello de Lugo". Dende a asociación esixen ós titulares das Concellerías de Vias e Obras e de Movilidade explicacións do estado actual do pavimento, do proxecto que existe para a súa reparación e en que prazo vai a executarse.
En palabras da propia asociación esixen que as autoridades correspondentes den a cara ante os veciños "como é a sua obriga como resposables públicos" e poñan solución a esta situación.