Os Xílgaros de Lugo achega a tradición nunha xornada de portas abertas

LugoXa
A asociación cultural ofrece unha xornada de portas abertas dirixida a todos os músicos, gaiteiros, percursionistas, pandereteiros e bailadores
os_xílgaros_
30 Ago 2024

A asociación cultural Os Xílgaros de Lugo ofrece unha xornada de portas abertas dirixida a todos os músicos, gaiteiros, percursionistas, pandereteiros e bailadores que se animen a probar co colectivo. A cita será este domingo 1 de setembro no local social da antiga escola de Castelo a partir das 19.00 horas.

Os interesados en poñerse en contacto cos membros do grupo e confirmar a súa asistencia poden facelo a través do correo osxilgadorsdelugo@gmail.com ou a través dunha mensaxe privada a través das redes sociais da agrupación. A asociación, que cumpre once anos impulsando a tradición, foi fundada polo lucense Óscar Pérez, gaiteiro autodidacta co obxectivo de poñer en valor o noso e compartir o amor pola música tradicional. “Todo o facemos dende o corazón. A música para min é transmitir, non é só tocar e xa está, é algo sentimental”, conta.

 

0.12954998016357