Os Xílgaros de Lugo e Río Miño, broche de ouro dos Domingos Folclóricos en Portomarín

LugoXa
O Concello de Portomarín vai pechar esta fin de semana o seu programa de Domingos Folclóricos
os_xílgaros
Foto recurso
18 Ago 2024

O Concello de Portomarín vai pechar esta fin de semana o seu programa de Domingos Folclóricos co que tratan de poñer en valor a tradición e a música popular e que arrancou o domingo 4 de agosto. A última actuación será este domingo 25 de agosto, a partir das 19.00 horas, da man de Os Xílgaros de Lugo e da asociación cultural Río Miño de Portomarín.

Durante estas semanas os veciños e visitantes que se achegaron a vila puideron gozar da música de distintos grupos da xeografía galega e tamén de Portugal. Actuaron, entre outros, o grupo Daquidoasma de Chantada, Os Penediños do Porriño, a agrupación folclórica Lemavos de Monforte e o grupo etnográfico Roga pro Doiro de Portugal. O programa foi posto en marcha polo Concello e a Deputación.

0.22242188453674