Óscar Fernández Gómez é o novo presidente da xestora do PP de Cervantes

LugoXa
Óscar Fernández Gómez, natural de San Pedro de Cervantes e técnico superior en xestión dos recursos naturais, foi nomeado presidente da xunta xestora do PP de Cervantes.
22 Dec 2022

Óscar Fernández Gómez, natural de San Pedro de Cervantes e técnico superior en xestión dos recursos naturais, foi nomeado presidente da xunta xestora do PP de Cervantes. O seu nomeamento dáse días despois de que Javier Santín anunciara a súa decisión de dar un paso ao lado como responsable da formación popular neste municipio dos Ancares.

Fernández Gómez xa formou parte da lista do PP nas eleccións municipais do ano 2019 e agora asume a responsabilidade de dirixir a agrupación locals "on un máis do PP de Cervantes”, sinalou o popular que se compromete con “moita ilusión a asumir esta responsabilidade nesta nova etapa para a que quere contar con todos”.

Nese sentido, explica que “quero contar cos afiliados e simpatizantes que sempre traballaron e que están dispostos a seguir traballando por Cervantes pero tamén ter en conta a importancia de seguir sumando veciños e veciñas ao proxecto do Partido Popular".

O novo responsable da agrupación local explica que “nos próximos días celebraremos unha reunión cos afiliados e afiliadas de cara ao nomeamento do equipo de traballo que conformará a xunta xestora, que dirixirá a agrupación no municipio de forma provisional ata a celebración do congreso local no que os afiliados e afiliadas de Cervantes elixan os órganos de dirección do Partido”.

A dirección provincial "agradece o compromiso do novo responsable do PP en Cervantes e de toda a agrupación local". Así mesmo, destaca “a implicación de xente nova co proxecto do Partido Popular da provincia de Lugo”.

0.13617300987244