Outeiro de Rei acolle este sábado as xornadas de seguridade na moto

TerraChaXa | LugoXa
O sábado 18 de febreiro o motoclub Lóstregos-Lvcvs organiza as IX Xornadas Galegas de seguridade en moto, en Outeiro de Rei.
22 Mar 2024

Este sábado, 23 de marzo, o motoclub Lóstregos-Lvcvs organiza as XII Xornadas Galegas de seguridade en moto, en colaboración coa DXT e outras organizacións implicadas na seguridade dos motoristas.

As xornadas están dirixidas a todos os motoristas galegos, "un colectivo moi necesitado de reflexionar sobre a seguridade viaria, debido a que no 2023 houbo 286 vítimas en accidentes de motocicleta e 15 delas en Galicia", indican dende a organización. Isto supón un incremento do 19% con respecto ao 2022.

Como nestes últimos anos as xornadas realizaranse no concello de Outeiro de Rei, que cede as súas instalacións.

Os motoristas interesados en asistir ás mesmas poden formalizar a súa inscrición no teléfono 619 987 809. O prazo de inscrición termina o 3 de marzo.

PROGRAMA

O programa arrancará ás 9.30 horas coa primeira dos relatorios, centrado na influencia da vía nos accidentes de motos, ao que seguirá outro sobre as actuacións e consecuencias logo dos accidentes.

Despois da pausa celebrarase unha mesa debate sobre a culpa e completarán a sesión matinal falando de equipación sobre seguridade pasiva.

Despois do xantar centraranse de novo na seguridade pasiva, falando dos airbag de motoristas, e tamén da activa, co relativo á amortiguación.

As xornadas teñen un prezo de cen euros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16016602516174