Outeiro de Rei acolle o sábado unha andaina solidaria

LugoXa | TerraChaXa
A recadación irá destinada integramente á entidade Somos Unidos por el Cáncer para os seus fins sociais
andaina-solidaria-outeiro-de-rei
Cartel
2 Xul 2024

Dentro da programación da XVI Feira da Artesanía de Outeiro de Rei, o sábado 06/07/2024 celébrase a III Andaina Solidaria do Concello de Outeiro de Rei.

Unha ruta circular de fácil percorrido de 6 km de lonxitude que sairá da praza do Concello ás 10:30 horas.

Pódense facer as inscricións de 3 euros por participante media hora antes da saída ou tamén por bizum no teléfono 636 51 19 28 poñendo nome e apelidos e no concepto: Carreira Outeiro.

A recadación irá destinada integramente á entidade Somos Unidos por el Cáncer para os seus fins sociais.

0.082223892211914