Outeiro de Rei acolle unha proba da Federación de Ciclismo con 169 participantes

LugoXa | TerraChaXa
Está organizada polo Team Bike Outeiro de Rei e a saída está prevista para as 15.30 horas
outeiro-de-rei-imaxes
20 sep 2024

Un total de 169 deportistas participarán este sábado na primeira edición do Gran Premio de Ciclismo Outeiro de Rei, que terá lugar a partir das 15.30 horas desde a praza do Concello.

Esta competición, que se celebra organizada polo Team Bike Outeiro de Rei englóbase dentro da rede de probas da Federación Galega de Ciclismo.

A competición contará con distintas categorías, promesa, principiante, infantil, cadete, alevín e júnior (masculinos e femininos) e ciclismo adaptado.

0.1464741230011