Outeiro de Rei celebra este venres a II Feira do Libro cun gran programa de actividades

O Concello de Outeiro de Rei e o CEIP Laverde Ruiz xa teñen preparado o programa de actividades que encherá as rúas da vila este venres, 17 de abril, coa celebración da II Feira do Libro.
A xornada dividirase en sesión de mañá e de tarde, cunha ampla oferta dirixida a todos os públicos, especialmente ao alumnado. Pola mañá, entre as 10.00 e as 14.00 horas, haberá un concerto con Paco Nogueiras de 10.35 a 11.20 para o alumnado de infantil. A continuación, de 11.50 a 12.40, desenvolverase un contacontos a cargo de Estefanía Padullés para estudantes de 1º, 2º e 3º. Ademais, de 12.35 a 13.25, terán lugar dous obradoiros simultáneos: un de concepto circo e outro impartido por Pablo Otero, ambos dirixidos a alumnado de 4º, 5º e 6º.
Xa pola tarde, de 16.00 a 20.00 horas, a programación continuará coas sinaturas de libros en distintos horarios. Ás 16.00 horas estarán Jordi Cicely, Lucía Lago e Sonia Arias, xunto coa participación de Estefanía Padullés e Ivet Núñez, ademais dun obradoiro de teatro en inglés. Ás 17.00 horas será a quenda de Lucía Vázquez, Ana Meilán e Francisco Narla, coincidindo cun obradoiro de escritura creativa para adultos e actividades de pintacaras e e-textil. Ás 18.00 horas sinarán os seus libros Lola Cabrillana, Abril Camino, Marta Villar, Antía Yáñez, Rober Cagiao e María Nieto.
A xornada culminará cun sorteo de bonos do Concello ás 19.15 horas, seguido da actuación do Mago David ás 19.20 e a clausura da feira ás 20.00 horas.