Outeiro de Rei contará este luns cun obradoiro de educación emocional

LugoXa | TerraChaXa
Esta actividade está incluída dentro das Actividades de Promoción da Muller 2024
estres
24 Nov 2024

O Concello de Outeiro de Rei organiza para o 25 de novembro, en colaboración coa Consellería de Sanidade e coincidindo co Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o obradoiro Educación Emocional. Técnicas de Relaxación, que terá lugar no salón de actos da casa da cultura, en horario de 16:30 h a 20:30 horas.

Durante este obradoiro está previsto que se traten os contidos como a meditación e a concentración, síntomas e efectos do estrés e a ansiedade, fontes de estrés – factores clave , coñecer, entender e manexar o estrés e a ansiedade, e estratexias para manexar, reducir e relaxar o estrés.

Os obxectivos que se perseguen son aprender a xestionar as emocións. Conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade. Lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital: enfermidade, dó, etc.

As inscricións son gratuítas ata completar prazas (30) e poden facerse neste enlace.

Esta actividade está incluída dentro das Actividades de Promoción da Muller 2024.

0.16164183616638