Outeiro de Rei contará o día 5 coa tradicional Festa de Reis

LugoXa | TerraChaXa
Dará comezo as 17:00 horas coa actuación do Maga Fani no Salón de Actos da Casa da Cultura
cabalgata-reis-magos-outeiro-de-rei
28 Dec 2025

Un ano máis o Concello de Outeiro de Rei con motivo destas datas do Nadal organiza para o día 5 de xaneiro a tradicional Festa de Reis, que dará comezo as 17:00 horas coa actuación do Maga Fani no Salón de Actos da Casa da Cultura. Ao seu remate, sobre as 18:15 horas terá lugar unha festa- merenda con roscóns, gominolas e outras lambetadas a que están convidados todos os nenos do municipio e que se realizará o pavillón municipal.

Posteriormente sobre ás 19:00 horas, terá lugar a chegada das súas Maxestades de Oriente ao pavillón municipal, para repartir agasallos os máis pequenos, os pais/nais que así o desexen poderán levalos regalos dos seus fillos á Casa da Cultura (xunto ao colexio) a semana do 29 de decembro ao 5 de xaneiro en horario de oficina, e o mesmo luns día 5 pola tarde de 16:30 a 18:30 horas no pavillón para que lles sexan entregados polos Reis na mencionada festa.

⚙ Configurar cookies
0.085209131240845