Outeiro de Rei convértese no epicentro do motociclismo galego co VF Challenge Moto Race
LugoXa | TerraChaXa
Participarán categorías como Supermoto, Pitmotard, Minimotos, GP Sport, Minivelocidad e a Copa VF90

10 Jul 2025
Os próximos 12 e 13 de xullo, o circuíto de Outeiro de Rei acollerá unha das citas máis esperadas do motociclismo galego: o VF Challenge Moto Race, un evento que promete velocidade, adrenalina e espectáculo en estado puro.
Co respaldo da Xunta de Galicia, Deporte Galego e o programa Xogade, esta proba reunirá a pilotos de distintas disciplinas nun ambiente competitivo e familiar.
Participarán categorías como Supermoto, Pitmotard, Minimotos, GP Sport, Minivelocidad e a Copa VF90, converténdose nunha cita crave para os amantes do motor.