Outeiro de Rei convoca o concurso de Entroido con 2.180 euros en premios

LugoXa | TerraChaXa
Terá lugar o día 2 de marzo (domingo de Entroido) a partir das 17:00 horas na praza da Vila baixo carpa cuberta
entroido-outeiro-de-rei
14 Feb 2025

Con motivo da Festa de Entroido 2025, o Concello de Outeiro de Rei organiza o XXVI Concurso de Disfraces, que terá lugar o día 2 de marzo (domingo de Entroido) a partir das 17:00 horas na praza da Vila, baixo carpa cuberta e estará amenizada polo Grupo D´Caché Music. Tamén haberá batucada e chocolate con churros ao prezo especial de 2 euros.

Están a disposición de todas as persoas interesadas as bases do concurso así como as follas de inscrición e información do mesmo; o prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 28 de febreiro na Casa da Cultura, en horario de 10:00 h a 14:30 horas, ou ben o mesmo día do concurso, en horario de 17:00 h a 17:45 horas.

Os 2.180 euros de premios repártense en catro categorías. As comparsas recibirán 500, 300 e 200 euros e as parellas 200 e 120. En individual hai dous premios para os adultos e outros dous para infantil, da mesma contía, 150 e 100 euros.

Ademais, haberá un premio especial para comparsas de Outeiro de Rei de 150 euros (sempre e cando non leven ningún dos tres premios previstos para a categoría de comparsas); para poder acceder a este premio, o 80 % dos compoñentes debe ser do municipio.

E tres premios especiais a maiores por un importe de 100, 60 e 50 euros cada un, para calquera das categorías se o xurado o considera necesario.

 

0.18254995346069