Outeiro de Rei emprende seis actuacións para incentivar a mobilidade urbana
O Concello de Outeiro de Rei leva a cabo 6 actuacións encamiñadas a mellorar a mobilidade no núcleo urbano de Outeiro de Rei e nas urbanizacións de O Salete e Triaqua.
O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), xestionado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, estimou favorablemente a solicitude de axuda do Concello de Outeiro de Rei para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020 e financiará con 535.798,90 euros, que supón o 80%.
O obxectivo vai dirixido á implantación de actuacións incluídas no plan de mobilidade urbana sostible do Concello para alcanzar unha mobilidade urbana sostible no municipio.
Unha desas actuacións consiste naa construción dunha senda peonil e un carril bici que unirán o núcleo urbano coas urbanizacións de Guillar, onde se concentra unha boa parte da poboación deste concello. Estas obras están xa en licitación pública.
O obxectivo do Concello é iniciar as obras no prazo máis breve posible, co obxectivo de que estean totalmente finalizadas e poidan ser xa utilizadas polos veciños ao final do veránao final do verán.
Este proxecto únese a outros que xa se executaron ou están a piques de iniciarse no municipio, como é o caso da conexión a través dunha senda peonil do centro urbano coas urbanizacións de O Salete e Triaqua.
O rexedor de Outeiro de Rei tamén destaca a construción dunha beirarrúa desde o centro urbano ata o grupo escolar e outra que unirá o colexio coa urbanización de Santa Isabel.
Outra das actuacións incluídas é a senda que discorrerá entre o parque empresarial ata Bonxe e que virá a completar a xa existente que une o polígono co centro urbano.