Outeiro de Rei estrea este sábado a súa nova feira mensual con produtos locais e ambiente familiar

LugoXa | TerraChaXa
Celebrarase os segundos sábados de cada mes e terá como escenario a praza e a rúa do Concello
barreiros-san-rosendo-2022-postos-horotos-plantas
11 Mar 2026

Outeiro de Rei celebrará este sábado, 14 de marzo, a primeira edición da súa nova feira mensual, unha iniciativa que pretende converterse nun punto de encontro periódico arredor da tradición, o comercio local e a gastronomía.

A partir desta fin de semana, a localidade acollerá cada mes unha nova cita pensada para reunir á veciñanza e ás persoas visitantes nun ambiente festivo e familiar. A feira celebrarase os segundos sábados de cada mes e terá como escenario a praza e a rúa do Concello, espazos nos que se poderán atopar postos con produtos variados e propostas gastronómicas para todos os gustos.

A organización do evento corre a cargo da Asociación de Veciños de Santa Isabel, que conta coa colaboración do Concello de Outeiro de Rei para poñer en marcha esta nova actividade.

Desde o goberno local animan á cidadanía a achegarse e participar nesta iniciativa, que cada mes ofrecerá unha nova oportunidade para desfrutar do ambiente da feira, descubrir produtos locais e compartir unha xornada de lecer en familia.

0.13525605201721