Outeiro de Rei iniciará en febreiro ximnasia para maiores

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para o curso de ximnasia para maiores con prazo para anotarse ata o 31 de xaneiro.
ximnasia mantemento maiores
23 Xan 2022

O Concello de Outeiro de Rei ten aberto o prazo de inscrición para o curso de xinmasia para maiores; as persoas interesadas poderán anotarse ata o 31 de xaneiro.

Este curso está previsto que se desenvolva do 1 de febreiro ao 12 de maio, os martes e xoves en horario de 10:15 h a 11:15 h no pavillón municipal. A cota é de 5 euros (perceptores de pensións non contributivas) e 10 euros (resto de usuarios).

Por ser o número de prazas limitado, 20 en total, estas cubriranse por orde de solicitude; para poder acceder a dita actividade é preciso ser maior de 60 anos e estar xubilado.

Poden acadar máis información na Casa da Cultura ou chamando ao teléfono 982 39 34 08.

0.17704486846924