Outeiro de Rei organiza unha andaina este domingo polo 25N

LugoXa | TerraChaXa
A saída terá lugar ás 11:00 horas desde a Praza do Concello e as persoas participantes percorrerán a senda Outeiro de Rei – Guillar
andaina-25N-outeiro-de-rei
19 Nov 2025

Outeiro de Rei celebrará o próximo domingo, 23 de novembro, unha Andaina Popular contra a Violencia de Xénero, coincidindo coa conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A iniciativa forma parte do compromiso municipal coa sensibilización, a prevención e a mobilización social fronte a esta lacra.

A saída terá lugar ás 11:00 horas desde a Praza do Concello. As persoas participantes percorrerán a senda Outeiro de Rei – Guillar, nun traxecto aproximado de dúas horas apto para todos os públicos. Trátase dunha actividade aberta á cidadanía, que pretende promover a convivencia e visibilizar o apoio colectivo ás vítimas de violencia de xénero.

As persoas interesadas poden obter máis información na Casa da Cultura, chamando ao 982 393 408.

O Concello de Outeiro de Rei invita á veciñanza a sumarse a este acto simbólico e reivindicativo, destacando a importancia da implicación social para avanzar cara a unha sociedade libre de violencia contra as mulleres.

⚙ Configurar cookies
0.073850870132446