Outeiro de Rei organiza unha ruta nocturna para observar as Bágoas de San Lourenzo

LugoXa | TerraChaXa
Esta actividade permitirá gozar dunha noite diferente, conectando coa natureza e co ceo estrelado nun entorno privilexiado como o miradoiro de Paraños
boas-de-san-lourenzo-outeiro
26 Jul 2025

O Concello de Outeiro de Rei, en colaboración co GDR Terras Lugo, organiza o venres 1 de agosto de 2025 unha ruta nocturna de observación das Bágoas de San Lourenzo (chuvas de meteoros coñecidas tamén como Perseidas) dende o Miradoiro de Paraños.

A actividade, de carácter gratuíto, require inscrición obrigatoria debido a prazas limitadas, e a saída está prevista para as 21:30 horas dende o Hotel Casas da Fortaleza (Rúa D, 6 – Outeiro de Rei).

As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 982 23 80 00 ou enviando un correo a info@comarcadelugo.gal.

Esta actividade permitirá gozar dunha noite diferente, conectando coa natureza e co ceo estrelado nun entorno privilexiado como o miradoiro de Paraños, nunha das épocas do ano de maior intensidade deste fenómeno astronómico.

En caso de meteoroloxía adversa, a organización prevé unha actividade alternativa para que as persoas inscritas poidan igualmente desfrutar dunha experiencia de divulgación astronómica.

A ruta conta co apoio da Deputación de Lugo, área de Cultura, e do Hotel Casas da Fortaleza, sumándose á aposta por actividades que promoven o contacto coa natureza, o coidado do medio e o turismo sostible no rural lucense.

⚙ Configurar cookies
0.56467199325562