Outeiro de Rei prepara a Festa dos Nenos para este venres

LugoXa | TerraChaXa
O horario será de 16:30 ata as 19:00 horas, e como remate terá lugar a festa da escuma
festa-dos-nenos-outeiro-de-rei
5 Jun 2025

O Concello de Outeiro de Rei organiza para este venres, día 6 de xuño, a XXV Festa dos nenos, na que pequenos e pequenas poderán desfrutar de diferentes inchables, tobogáns de forma gratuíta

O horario da festa será de 16:30 ata as 19:00 horas, e como remate terá lugar a festa da escuma.

A organización lembra que hai que acudir preparado para a molladura, se o tempo acompaña terá lugar na Praza da Vila, en caso de choiva trasladarase ao Pavillón Municipal e ao pavillón do Colexio Público Laverde Ruiz.

⚙ Configurar cookies
0.17843008041382